ABCunqueiro

Bosque de Silva.- Esta masa boscosa próxima á cidade de Mondoñedo débelle o nome á que pertenceu, polo menos ata o s. XIX, á familia Silva de Mondoñedo. Sitúase entre os barrios de Río do Sixto e San Caetano, abeirando a estrada que ascende a Barbeitas e Maariz. Castiñeiros, carballos, bidueiros, loureiros e, en menor número, outro arboredo son os seus habitantes. Ademais de Cunqueiro, que o cita en numerosas ocasións, un dos primeiros en mencionar este bosque nas súas creación literarias foi o crego Daniel Pernas Prieto (Abadín, 1884 – Mondoñedo, 1946), quen, ademais, parece que instruíu en latín á sombra desta foresta a Ricardo Pedreira, notable economista mindoniense (Mondoñedo, 1928 – Oviedo, 2013).
»A. Cunqueiro. “El viaje al bosque” (El Progreso, 2.XI.1956)
+ info no blog “Miscelánea Mindoniense”: “Donde está el Boque de Silva?

Claudio de Lorena.- Claude Lorraine, pintor de orixe francesa nacido en Lorena en 1600 e morto en Roma en 1682. Gran paisaxista do Barroco, creador da “paisaxe ideal”, mestre no uso da luz. AC chega a comparar o Bosque de Silva mindoniense cunha das grandes obras deste pintor: “Visto desde mi ventana es tan solemne como los bosques que pintó Claudio de Lorena cuando llevó al lienzo el viaje del joven Tobías”.
»A. Cunqueiro. “El viaje al bosque” (El Progreso, 2.XI.1956)

Clitipoli brunili.- Clitopilus prunulus. Especia de sete comestible que AC atopa no Bosque de Silva de “carne blanca y huele a harina recién salida del molino”. Delicioso bocado que “se rehoga con manteca, la sala bien, se la saluda con pimienta, se le añade miga de pan; cuando esta se dora, al plato”.
»A. Cunqueiro. “El viaje al bosque” (El Progreso, 2.XI.1956)

Czardas de Hungría.- Csárdás, que, segundo AC, significa “Baile do rei”. Danza tradicional húngara que ten a orixe en ceremonias de reclutamente de soldados do s. XVIII. “Había aprendido su danza, según contó, viendo a dos mariposas coloreadas volar alrededor de una rosa que, marchitándose, daba sus pétalos a la brisa”.
»A. Cunqueiro. “El viaje al bosque” (El Progreso, 2.XI.1956)

Rousseau, Xoán Xacobe.- Controvertido e influinte pensador político, escritor, filósofo, músico, botánico e naturalista que naceu en 1712 na entón independente Xenebra, cidade-estado a onde tivera que emigrar a súa familia por motivos relixiosos. Morreu en Francia en 1778. Efectivamente, aos 16 anos, en 1728, marcha da cidade natal e comeza un vagabundeo que o levaría por diferentes cidades franceses aínda que nunca saberemos se a razón desa fuxida foi ou non a que apunta AC cando di que sendo mozo “salió con otros chicos de su edad al campo a buscar setas, y la anochecida los sorprendió algo lejos de la ciudad, y cuando llegaron a puertas, ya estaban cerradas”. Durmiron aquela noite ao “arrimo de la muralla”, pero pola mañá Rousseau non se atreveu a entrar, por “miedo a la reprimenda familiar, y este fue el comienzo de su vagabundaje”
»A. Cunqueiro. “El viaje al bosque” (El Progreso, 2.XI.1956)