Nomes

NOMES PROPIOS DE MONDOÑEDO

ARAÚXO IGLESIAS, Miguel Anxo.- (Pereiro de Aguiar, 10.01.1920 -Ouresne, 22.07.2077). Bispo de Mondoñedo desde 1970 a 1985.

BARRO GONZÁLEZ, José (Viloalle-Mondoñedo, 13.02.1873 - Viveiro, 14-01.1943). Empresario da industria da automoción en Chavín, Viveiro.

BUÓN, Francisco de Paula.- (Mondoñedo, 2.04.1839 - Foz, 14.08.1872). Crego, músico e poeta.

CABOT BUJOSA, Jaime (Mallorca, 24.07.1913 - Mondoñedo, 5.07.2005). Coengo e organista da catedral de Mondoñedo.

CORRAL REBELLÓN, Dimas.- (Mondoñedo, 3.02.1820 - Lugo, 28.06.1868). Médico, xornalista e filósofo.

FERNÁNDEZ DE CASTRO Y MENÉNDEZ HEVIA, Manuel.- (Ovieu, 10.01.1834 - Mondoñedo, 27.06.1905). Bispo de Mondoñedo desde 1889 a 1905 e escritor.

FRAGA VEIGA, Graciano.- (Mondoñedo, 21.02.1917 - 4.03.1943) Pintor e escritor ( + info)

GARCÍA OLANO, Francisco (Mondoñedo, 12.09.1870 - Bos Aires, 21.08.1933) Foi síndico do Banco de Galicia e presidente do Centro Galego de Bos Aires desde 1923 a 1926.

LENCE PÉREZ, Felipe.- (Mondoñedo, 1.05.1848 - Santa Cruz do Couzadoiro, Ortigueira, 22.01.1913). Crego e escritor.

LENCE-SANTAR Y GUITIÁN, Eduardo.- (Mondoñedo, 16.07. 1879 -14.01.1960). Escritor, xornalista, historiador e Cronista Oficial de Mondoñedo desde 1917 a 1960.

LÓPEZ GARCÍA, Victoriano (Mondoñedo, 22.03.1910 - Madrid 2.09.1995). Enxeñeiro industrial, catedrático e produtor de cine, primeiro director do Instituto de Investigaciones y Experiencias Cinematográficas, Goya de Honor 1990.

LÓPEZ E LÓPEZ BOLAÑO, Jacinto Romualdo.- (Ribadeo, 7.02.1808 - Mondoñedo, 30.06.1895). Mestre, xornalista, escritor e político. Foi alcalde de Mondoñedo entre1843 e 1844.

RICO PRIETO, Manuel.- (Mondoñedo, 12.01.1889 - 18.11.1964) Crego e escritor.
RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, José María.- (Mondoñedo, 07.12.1895 - ...?) Pintor, decorador (+ info)

TAPIA RIVAS, Emilio.- (Mondoñedo, 7.08.1862- Lugo, 12.06.1918). Avogado, político, profesor, xornalista, escritor, presidente da Deputación de Lugo e membro fundador da Real Academia Galega)