POR UN 2016 DE IRMANDADE

BRUXAS

“Conta E. Lence-Santar que as bruxas de Mondoñedo e as da contorna quedan (na noite do 31 de decembro) no Monfadal, alí úntanse con touciño e montan dacabalo das súas vasoiras de xibarda, e logo, ás doce en punto, despegan camiño do grande aquelarre que se celebra no cumio do Xistral. Van collidas de dúas en dúas pola man esquerda e pasan por enriba da Casa do Villoés de Rego de Cas, soben pola Infesta e por enriba da fonte de Espiñarcao ata xuntáranse coas que van chegando do Valadouro, de Muras, da Terra Chá e de toda a Mariña de Lugo”

Texto: Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal, (Xerais, 2011)
Ilustración: Noemí López

Esta entrada foi publicada en Mondoñedo e etiquetada . Garda a ligazón permanente.