7 de decembro de 1895: Nace o pintor José Mª Rodríguez González

jMRodriguez

José Mª Rodríguez González naceu en Mondoñedo o 7 de decembro de 1895. En 1919 comeza a traballar en Viveiro e logo, ao casar con Isabel Vázquez en 1923, pasa a residir no Castañal, na parroquia viveirense de Valcarría. En 1926 decide viaxar aos USA e alí pérdeselle a pista en 1932, pero antes deixou tras de si a pegada dun artista que merece figurar no panteón das excelencias mindonienses.

Bibliog.:
-A. Reigosa, «José Mª Rodríguez González: O pintor desaparecido», blog: Caderno de Campo.

(+ Almanaque de Mondoñedo)

Esta entrada foi publicada en Mondoñedo. Garda a ligazón permanente.