9 de novembro de 1912: Morre Manuel Leiras pulpeiro

casa natal_LeirasMORRE MANUEL LEIRAS PULPEIRO

Morre en Mondoñedo Manuel Leiras Pulpeiro. Un home cun profundo e honesto compromiso cos desfavorecidos do seu tempo, un combatente contra a barbarie fundamentalista tanto civil como relixiosa, un inimigo radical da soberbia dos poderosos. Poeta, médico, lexicógrafo, etnógrafo, político progresista e republicano, masón, filántropo, humanista, foi coñecido como o “Médico dos pobres” porque sempre antepuxo atender as necesidades das persoas a calquera interese material. Unha persoa, e definitiva, boa, consecuente e coherente cos seus ideais e principios ata o final dos seus días. Nacera en Mondoñedo, na rúa da Ronda (hoxe rúa Febrero), o 25 de outubro de 1854.

Fotografía: Corresponde ao acto de descubrimento da placa conmemorativa na casa natal de Leiras o 11 de novembro de 2012, con Orlando González, alcalde de Mondoñedo, e a neta do poeta.
Bibliog.:
– «Manuel Leiras Pulpeiro», Web da Real Academia Galega.
Manuel Leiras Pulpeiro (1854 – 1912). O poeta e o cidadán ao cabo dun século. (Coord. da edición: Xe Freyre e Abel Vigo García), Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo, 2014.
-Criticalia «Casas literarias: Manuel Leiras Pulpeiro», blog a cargo de Armando Requeixo.

Música
Roseiras de rosas roxas (poema de M. Leiras Pulpeiro)
Música orixinal de César Morán / César Morán (guitarra e voz)/ Rebeca Maseda (violino), Alfonso Morán (contrabaixo)

(+ Almanaque de Mondoñedo)

Esta entrada foi publicada en Mondoñedo. Garda a ligazón permanente.