25 de outubro de 1854: Nace Manuel Leiras Pulpeiro

casa natal_LeirasNACE MANUEL LEIRAS PULPEIRO

O 25 de outubro de 1854 nace na rúa da Ronda (hoxe rúa Febrero) Manuel Leiras Pulpeiro. Foi un home con un profundo e honesto compromiso cos desfavorecidos do seu tempo, un combatente contra a barbarie fundamentalista tanto civil como relixiosa, un inimigo radical da soberbia dos poderosos. Poeta, médico, lexicógrafo, etnógrafo, político progresista e republicano, patriota, masón, filántropo, humanista, foi coñecido como o “médico dos pobres” porque sempre antepuxo as necesidades das persoas aos intereses materiais.Unha persoa, e definitiva, boa, consecuente e coherente cos seus ideais e principios ata o final dos seus días. Morre o 9 de novembro de 1912.

Fotografía: Corresponde ao acto de descubrimento da placa conmemorativa na casa natal de Leiras o 11 de novembro de 2012, con Orlando González, alcalde de Mondoñedo, e a neta do poeta.
Bibliog.:
– «Manuel Leiras Pulpeiro», Web da Real Academia Galega.

Roseiras de rosas roxas (poema de M. Leiras Pulpeiro)
Música orixinal de César Morán / César Morán (guitarra e voz)/ Rebeca Maseda (violino), Alfonso Morán (contrabaixo)

(+ Dietario de Mondoñedo)

Esta entrada foi publicada en Mondoñedo e etiquetada . Garda a ligazón permanente.