O ceramista mindoniense Moncho Freire doa dúas obras ao MPLugo

Moncho Freire_doazón ao MPLugo

Este recorte do xornal "Jornada" chega desde Trelew, Chubut, República Arxentina, facéndose eco da feliz nova da doazón de dúas pezas cerámicas ao Museo Provincial de Lugo por parte do mindoniense-laurentino, Moncho Freire. Na foto, Aurelia Balseiro, directora do MPLugo, Moncho Freire, e un servidor. As obras son da autoría del e do seu pai, Pascual Freire, fillo e neto respectivamente do gran oleiro chamado Vendabal, do barrio dos Muíños, citado tantas veces por A . Cunqueiro. Pascual Freire e o seu fillo, Moncho, fixeron as Américas con notable recoñecemento como ceramistas pero non esqueceron a terra nai, como proba este documento.

Esta entrada foi publicada en Apuntamentos, Mondoñedo e etiquetada , , , , . Garda a ligazón permanente.