Dietario de Mondoñedo: 5 de setembro de 2010

mayan_fernandez

Morre en Lugo, Francisco Mayán Fernández. Cronista Oficial de Mondoñedo desde 2001 ata 2010. Foi soterrado en Cee, a súa vila natal, onde nacera o 30 de setembro de 1916. Profesor e director do Instituto “San Rosendo” desde a inauguración en 1954 ata a súa xubilación. Na década dos 60 foi alcalde de Mondoñedo e é autor de numerosa e valiosa obra sobre a historia local.

Bibliog.:
-X. Isidro Fernández Villalba, «Os cronistas da cidade de Mondoñedo», Terra e Tempo, 6.09.2011.

(+ Dietario de Mondoñedo)

Esta entrada foi publicada en Dietario, Mondoñedo e etiquetada . Garda a ligazón permanente.