O 31 de agosto de 1995 morre Victoriano López García

Victoriano López García
Morre en Madrid Victoriano López García. Enxeñeiro industrial, catedrático e gran afeccionado ao cine. Crea en 1947 o Instituto de Investigaciones y Experiencias Cinemetagróficas, sendo o seu primeiro director. E, entre outras moitas ocupacións e cargos relacionados co cine, foi produtor e fundou e dirixiu a revista “Cine experimental”. Foi recoñecido pola Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas co Premio Goya de Honor en 1990. Naceu en Mondoñedo, no nº 16 da rúa Leiras Pulpeiro, o 22 de marzo de 1910.
(+ Dietario de Mondoñedo)

Esta entrada foi publicada en Apuntamentos, Dietario, Mondoñedo. Garda a ligazón permanente.