Almanaque de Mondoñedo: 13 de xullo de 1927

Mércores. Grave accidente no Pozo Mouro. Sobre as nove da mañá, ao coche correo que se dirixía a Lugo desde Ribadeo agarratóuselle a dirección na curva do Pozo Mouro e, como consecuencia, ao non poder contrololalo o chauffer, caeu polo terraplén e deu unha volta de campá. Tres viaxeiros resultaron con feridas graves, entre eles unha muller, e outros varios menos graves ata un total de dezasete. Foron atendidos en Mondoñedo polo médico Manuel Soto. O auto quedou moi danado.
(+ Almanaque de Mondoñedo)

Esta entrada foi publicada en Os días de Mondoñedo. Garda a ligazón permanente.