Arquivo da categoría: Mondoñedo

Ano novo, caderno novo

Estou mudando de casa: agora vivo aquí

Publicado en Mondoñedo | Comentarios desactivados en Ano novo, caderno novo

POR UN 2016 DE IRMANDADE

“Conta E. Lence-Santar que as bruxas de Mondoñedo e as da contorna quedan (na noite do 31 de decembro) no Monfadal, alí úntanse con touciño e montan dacabalo das súas vasoiras de xibarda, e logo, ás doce en punto, despegan … Sigue lendo

Publicado en Mondoñedo | Etiquetado | Comentarios desactivados en POR UN 2016 DE IRMANDADE

Mondoñedo, lugar literario: versos de Toño Núñez

Toño Núñez (Navia de Suarna, 1959) participou na primeira edición de “Mondoñedo é poesía” que tivo lugar o 1 de maio de 2014 no Auditorio Municipal “Pascual Veiga”. Aquel día deixounos unhas palabras de agarimo e estes poemas para Mondoñedo … Sigue lendo

Publicado en Mondoñedo | Comentarios desactivados en Mondoñedo, lugar literario: versos de Toño Núñez

Valentín García Sáiz, un gran narrador gaucho de pai mindoniense

Xosé Ruíz Leivas, amigo e incansable indagador de vestixios mindonienses polo mundo, é quen me pon na pista deste fillo da nosa emigración; un nome que en xustiza debera estar ao lado doutros uruguaios con raiceiras mariñás como “El Viejo … Sigue lendo

Publicado en Mondoñedo | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en Valentín García Sáiz, un gran narrador gaucho de pai mindoniense

Hai 90 anos que morreu Víctor de Silva Posada

Tal día como o de hoxe, o 27 de decembro de 1925, morría en Mondoñedo, tras un proceso prolongado de padecementos, Víctor de Silva Posada. Contaba 67 anos. Nacera na mesma cidade, no seo dunha familia con grandes propiedades, o … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Mondoñedo | Etiquetado | Comentarios desactivados en Hai 90 anos que morreu Víctor de Silva Posada

‘Mondoñedo, lugar literario’, nova sección

Comeza unha nova sección no blog. Chámase “Mondoñedo, lugar literario” e nela irán aparecendo textos, ou extractos, onde Mondoñedo (lugares, persoas, edificios…etc) sexan os grandes protagonistas do texto literario. Comezamos cun texto poético da autoría de Fran Alonso, escrito en … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Mondoñedo | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en ‘Mondoñedo, lugar literario’, nova sección

O 21 de decembro de 1899 morre Cándido Martínez Montenegro

O 21 de decembro de 1899 morre en Madrid o avogado e político liberal Valentín Patricio Cándido José Martínez Montenegro, máis coñecido como Cándido Martínez Montenegro. Foi xuíz de paz e deputado provincial, oficial de Fomento, director xeral de Correos … Sigue lendo

Publicado en Mondoñedo | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en O 21 de decembro de 1899 morre Cándido Martínez Montenegro

De par de Leiras

Manuel Leiras Pulpeiro (Mondoñedo 1854–1912) foi deses bos e xenerosos que deixan nas atmosferas que habitan unha pegada imperecedoira. Canto máis sabemos deste médico, poeta, etnógrafo, republicano federalista, filántropo (e mil cousas máis), coherente ata máis aló da morte co … Sigue lendo

Publicado en Manuel Leiras Pulpeiro, Mondoñedo | Etiquetado | Comentarios desactivados en De par de Leiras

Edward S. Dodgson en Mondoñedo

Sir Edward Spencer Dodgson, filólogo e arqueólogo británico, vascófilo obsesivo, profesor de inglés formado en Oxford, pasou por Mondoñedo a mediados de xullo de 1896 e tamén, sen descartar outras visitas, no verán de 1905. En 1896 fixéronlle de cicerones … Sigue lendo

Publicado en Mondoñedo | Etiquetado | Comentarios desactivados en Edward S. Dodgson en Mondoñedo

7 de decembro de 1895: Nace o pintor José Mª Rodríguez González

José Mª Rodríguez González naceu en Mondoñedo o 7 de decembro de 1895. En 1919 comeza a traballar en Viveiro e logo, ao casar con Isabel Vázquez en 1923, pasa a residir no Castañal, na parroquia viveirense de Valcarría. En … Sigue lendo

Publicado en Mondoñedo | Comentarios desactivados en 7 de decembro de 1895: Nace o pintor José Mª Rodríguez González

30 de novembro de 1915: Cen anos do nacemento do músico Tomás Gruñeiro, O Páxaro

Tomás Gruñeiro Reigosa, “O Páxaro”, naceu o 30 de novembro de 1915 no lugar de Cuba, na parroquia mindoniense de Argomoso. Xa de neno pasa a vivir cuns tíos, que non tiñan descendencia, ao barrio das Plazas da mesma parroquia, … Sigue lendo

Publicado en Mondoñedo | Etiquetado , , , , | Comentarios desactivados en 30 de novembro de 1915: Cen anos do nacemento do músico Tomás Gruñeiro, O Páxaro

Como falamos os brañegos de agora

“Cada vello que vai á cova leva consigo un anaco vivente do falar do pobo”, deixou dito Ramón Otero Pedrayo, animador principal do meritorio traballo recolector de Antonio Noriega Varela. Noriega tomou boa nota do consello e, convencido da urxente … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Mondoñedo | Etiquetado | Comentarios desactivados en Como falamos os brañegos de agora

De Madrid a Mondoñedo: A procelosa travesía dos restos de Pascual Veiga

Pascual Veiga morre en Madrid o 12 de xullo de 1906. En setembro deste mesmo ano constitúese en Bos Aires unha comisión presidida por José Mª Miranda Luaces, presidente da Sociedade Mindoniense na Arxentina, co propósito de organizar unha homenaxe … Sigue lendo

Publicado en Mondoñedo | Comentarios desactivados en De Madrid a Mondoñedo: A procelosa travesía dos restos de Pascual Veiga

Lexítimo pan de Mondoñedo

“Desde hoy se expende en la caseta número 29 de la Plaza de Abastos, LEGÍTIMO PAN DE MONDOÑEDO fabricado con harinas de trigo del país y elaborado con el mayor esmero. Precio: 40 céntimos kilo”. Así rezaba un anuncio nos … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Mondoñedo | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en Lexítimo pan de Mondoñedo

18 de novembro de 1918: Mondoñedo no Manifesto da Asamblea Nazonalista de Lugo

Mondoñedo tamén estivo presente aquela “noite do 18 de Samartiño do mil novecentos dazaoito” no Teatro Lugo-Salón de Lugo. Entre os asambleístas asinantes figura o entón cronista oficial de Mondoñedo (érao desde o 25 de abril de 1917) e membro … Sigue lendo

Publicado en Dietario, Mondoñedo | Etiquetado , | Comentarios desactivados en 18 de novembro de 1918: Mondoñedo no Manifesto da Asamblea Nazonalista de Lugo

Na memoria de José Sánchez Gacio

Recordo a súa figura de home paseante, maior, sempre na compaña da súa filla máis nova. Nada sabiamos entón do seu pasado, nin sequera que era o pai da nosa profesora de francés, Talía. O 23 de novembro de 2015 … Sigue lendo

Publicado en Mondoñedo | Etiquetado , , , , , | Comentarios desactivados en Na memoria de José Sánchez Gacio

9 de novembro de 1912: Morre Manuel Leiras pulpeiro

MORRE MANUEL LEIRAS PULPEIRO Morre en Mondoñedo Manuel Leiras Pulpeiro. Un home cun profundo e honesto compromiso cos desfavorecidos do seu tempo, un combatente contra a barbarie fundamentalista tanto civil como relixiosa, un inimigo radical da soberbia dos poderosos. Poeta, … Sigue lendo

Publicado en Mondoñedo | Comentarios desactivados en 9 de novembro de 1912: Morre Manuel Leiras pulpeiro

7 de novembro de 2015: Homenaxe a Enrqiue Cal Pardo

HOMENAXE EN MONDOÑEDO A DON ENRIQUE CAL PARDO Acto de recoñecemento, na véspera do seu 93 aniversario, no que se presentou a súa publicación “Mondoñedo –catedral, cidade, bispado- na segunda metade do século XV”, magnificamente editada polo servizo de publicacións … Sigue lendo

Publicado en Mondoñedo, Os días de Mondoñedo | Etiquetado , , , , , , , , , , , , , , , , | Comentarios desactivados en 7 de novembro de 2015: Homenaxe a Enrqiue Cal Pardo

Don Enrique, o xeneroso

Se eu tivese que escribir o relato vital de don Enrique Cal Pardo, tomaría como modelo a saga que conta do bo corazón e nobres sentimentos do islandés Brand, alcumado O Xeneroso. Ambos, salvando os mil e pico anos de … Sigue lendo

Publicado en Mondoñedo | Etiquetado | Comentarios desactivados en Don Enrique, o xeneroso

25 de outubro de 1854: Nace Manuel Leiras Pulpeiro

NACE MANUEL LEIRAS PULPEIRO O 25 de outubro de 1854 nace na rúa da Ronda (hoxe rúa Febrero) Manuel Leiras Pulpeiro. Foi un home con un profundo e honesto compromiso cos desfavorecidos do seu tempo, un combatente contra a barbarie … Sigue lendo

Publicado en Mondoñedo | Etiquetado | Comentarios desactivados en 25 de outubro de 1854: Nace Manuel Leiras Pulpeiro

22 de outubro de 1917: Homenaxe a Veiga e constitución da Irmandade da Fala de Mondoñedo

HOMENAXE A VEIGA Gran colofón ás San Lucas de 1917, pois, promovido pola “Irmandade da Fala” da Coruña e o coro “Cántigas da Terra”, celébrase un Mondoñedo unha emotiva homenaxe a Pascual Veiga. Para participar neste acto chega a Mondoñedo … Sigue lendo

Publicado en Dietario, Mondoñedo | Comentarios desactivados en 22 de outubro de 1917: Homenaxe a Veiga e constitución da Irmandade da Fala de Mondoñedo

Mondoñedo – Abu Dabi

Nunca revelaría este secreto se este xornal (La Voz de Galicia) non levantase a lebre ao publicar en días pasados unha información sobre a relación entre as néboas galegas e as do Golfo Pérsico. Mondoñedo e Abu Dabi atráense como … Sigue lendo

Publicado en Autovía do Cantábrico (A8), Mondoñedo | Etiquetado , , , , , | Comentarios desactivados en Mondoñedo – Abu Dabi

Crónica das San Lucas 2015

Serie de 4 relatos da autoría de Francisco Piñeriro, Antonio Reigosa, Fran Bouso e Xe Freyre, ilustrados por Antón Caxoto e publicados en ‘La Voz de Galicia – A Mariña’, os días 17, 18, 19 e 20 de outubro de … Sigue lendo

Publicado en Mondoñedo | Etiquetado , , , , | Comentarios desactivados en Crónica das San Lucas 2015

Ofrenda floral ante a tumba do mariscal Pardo de Cela (As San Lucas 2015)

Sr. Mariscal: Aínda que eu ben sei que o mellor que se pode facer polos mortos, coma Vd., é deixalos descansar en paz, rógolle que nos escuse; será só un instante. Hai xa cincocentos trinta e dous anos que lle … Sigue lendo

Publicado en Mondoñedo, Pardo de Cela | Comentarios desactivados en Ofrenda floral ante a tumba do mariscal Pardo de Cela (As San Lucas 2015)

As mellores San Lucas da historia

Aínda que as comparacións coas actuais son imposibles, as feiras e festas das San Lucas de 1895 deberon ser as mellores da Galicia de entón. Afírmao E. Lence-Santar e asegura que foi Emilio Tapia y Rivas, político conservador, avogado, xornalista, … Sigue lendo

Publicado en Mondoñedo | Etiquetado | Comentarios desactivados en As mellores San Lucas da historia

O ceramista mindoniense Moncho Freire doa dúas obras ao MPLugo

Este recorte do xornal "Jornada" chega desde Trelew, Chubut, República Arxentina, facéndose eco da feliz nova da doazón de dúas pezas cerámicas ao Museo Provincial de Lugo por parte do mindoniense-laurentino, Moncho Freire. Na foto, Aurelia Balseiro, directora do MPLugo, … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Mondoñedo | Etiquetado , , , , | Comentarios desactivados en O ceramista mindoniense Moncho Freire doa dúas obras ao MPLugo

As San Lucas, danos colaterais

Sería practicamente inabordable, imposible no espazo dun artigo, relatar a casuística incidental que xeraron ao longo de case 860 anos as feiras e festas das San Lucas de Mondoñedo. Unha longa e variada gama de delitos que tiñan, e teñen … Sigue lendo

Publicado en Mondoñedo | Comentarios desactivados en As San Lucas, danos colaterais

A ruta do galo de Leiras Pulpeiro

A Xulio do Canelo e a Pepe de Bastián O pasado 22 de maio percorremos as xeografías valecas do poema “Un galo” de M. Leiras Pulpeiro. Convidáronnos a Isidro Novo e a min Xulio do Canelo e Pepe de Bastián, … Sigue lendo

Publicado en Álvaro Cunqueiro, Apuntamentos, Mondoñedo | Etiquetado , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , | Comentarios desactivados en A ruta do galo de Leiras Pulpeiro

Un museo para Mondoñedo

Os soños non teñen prezo; só prazos. Poñer unha ilusión a andar cara o futuro é gañarlle pasos ao tempo de espera e ila cargando de reflexións e experiencias. Trátase de ir dando corpo á vontade de facer do noso … Sigue lendo

Publicado en Álvaro Cunqueiro, Apuntamentos, Artistas, Mondoñedo, Museos | Etiquetado | Comentarios desactivados en Un museo para Mondoñedo

Mondoñedo no Camiño

A Unesco acaba de incorporar á Listaxe do Patrimonio Mundial o camiño de peregrinación que desde a beiramar do norte e pasando por Mondoñedo conduce a Compostela. Ademais, sinala a catedral mindoniense, xunto coa de Lugo, como bens asociados de … Sigue lendo

Publicado en Camiño de Santiago, Mondoñedo | Etiquetado | Comentarios desactivados en Mondoñedo no Camiño

26 de setembro de 1826: Matanza de lobos

Pedro Ribero, capataz e monteiro maior da provincia de Mondoñedo, comunica nesta data á Real Audiencia de Galicia que matara 14 lobos grandes e que collera tres camadas, unha de 12 lobeznos, outra de 11 e a terceira de 9, … Sigue lendo

Publicado en Dietario, Mondoñedo | Comentarios desactivados en 26 de setembro de 1826: Matanza de lobos

Señor Cunqueiro

Chegou o día. Supoño que xa coñecerá a única boa nova destes días que lle afecta directamente. As malas, esas que invocan o seu nome en van, mellor nin mencionalas. Non hai mal que por ben non veña. A boa … Sigue lendo

Publicado en Álvaro Cunqueiro, Mondoñedo | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Señor Cunqueiro

Un seminario de ouro

A anunciada concesión da Medalla de Ouro por parte do concello de Mondoñedo ao Real Seminario Santa Catalina pola achega docente e cultural á sociedade mindoniense, galega e universal, é o colofón xusto e merecido a case 450 anos de … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Mondoñedo | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en Un seminario de ouro

Os Remedios, unha abondosa literatura de milagres

Todo comezou cunha casa, dúas eguas, unha poldra e un cabaliño de cor castaña escura para facer os laricos. Foi a doazón do bispo Francisco de Santa María Benavides para o mantemento da modesta ermida dedicada á Virxe, edificada en … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Mondoñedo | Comentarios desactivados en Os Remedios, unha abondosa literatura de milagres

Dietario de Mondoñedo: 5 de setembro de 2010

Morre en Lugo, Francisco Mayán Fernández. Cronista Oficial de Mondoñedo desde 2001 ata 2010. Foi soterrado en Cee, a súa vila natal, onde nacera o 30 de setembro de 1916. Profesor e director do Instituto “San Rosendo” desde a inauguración … Sigue lendo

Publicado en Dietario, Mondoñedo | Etiquetado | Comentarios desactivados en Dietario de Mondoñedo: 5 de setembro de 2010

O 31 de agosto de 1995 morre Victoriano López García

Morre en Madrid Victoriano López García. Enxeñeiro industrial, catedrático e gran afeccionado ao cine. Crea en 1947 o Instituto de Investigaciones y Experiencias Cinemetagróficas, sendo o seu primeiro director. E, entre outras moitas ocupacións e cargos relacionados co cine, foi … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Dietario, Mondoñedo | Comentarios desactivados en O 31 de agosto de 1995 morre Victoriano López García

Mulleres de Mondoñedo

Está por escribir a historia das mulleres mindonienses. Son as grandes esquecidas, un baleiro ditado desde o tradicional machismo ideolóxico, social e institucional que guiou o devir do noso pasado. Todos sabemos nomes dos homes sobranceiros mindonienses, eses que lembramos … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Artistas, Mondoñedo, Mulleres | Comentarios desactivados en Mulleres de Mondoñedo

Dietario de Mondoñedo: 21 de agosto de 1933

Morre en Bos Aires o 21 de agosto de 1933 Francisco García Olano. Foi síndico do Banco de Galicia presidente do Centro Galego de Bos Aires desde o 29 de setembro de 1923 ata o 14 de outubro de 1926. … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Dietario, Mondoñedo | Comentarios desactivados en Dietario de Mondoñedo: 21 de agosto de 1933

Etnografía mindoniense

Tócame a min, previa suxestión de Xoán Carlos Bouso*, artellador desta mesa redonda baixo o título “A pegada dos autores da comarca mindoniense na literatura galega”, introducir brevemente o tema da etnografía e dos etnógrafos mindonienses. Logo, se hai ocasión … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Mondoñedo | Comentarios desactivados en Etnografía mindoniense

O fillo do xastre e o Velagullas

[Homenaxe a Ricardo Pedreira (Mondoñedo, 1928 – Ovieu, 2013)] Debuxo de J. Puchades Descúlpeme, señor Pedreira, se non lle parecese oportuno contar isto que vou contar. Atrévome, se cadra, porque non teño a honra de coñecelo persoalmente ou porque son … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Mondoñedo | Comentarios desactivados en O fillo do xastre e o Velagullas

O Tangueiro

Mentres agardamos o 7 de agosto para que dea comezo a XXIV edición do Mercado Medieval de Mondoñedo entretéñome lendo “La invención del pasado. Verdad y ficción en la historia de España” da autoría do lugués Miguel-Anxo Murado onde se … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Mondoñedo | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en O Tangueiro

Pregón aos mercadores

Pregón Mercado Medieval Mondoñedo 2015 Por disposición da señora rexedora, e coa aquiescencia, como é de lei, da Súa Maxestade, da Meiriña e do Meiriño aquí presentes, fáisevos saber a todas e todos, naturais, achegados, comerciantes, camiñantes e forasteiros, que … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Mondoñedo, Pregón | Comentarios desactivados en Pregón aos mercadores

21 de xullo de 1813

Dáse lectura nas Cortes dunha “exposición del ayuntamiento constitucional de la ciudad de Mondoñedo, en que después de felicitar al congreso con las más espresivas demostraciones por la extinción del feudalismo, del voto de Santiago y del tribunal de la … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Mondoñedo, Os días de Mondoñedo | Comentarios desactivados en 21 de xullo de 1813

Eiquí xaz alguén …

O necroturismo comeza a estar de moda en Galicia. Cada ano son máis os camposantos que se ofrecen como lugares de visita, de día ou de noite, coa celebración dos defuntos ou noutras datas. Convídannos a coñecer a súa arquitectura … Sigue lendo

Publicado en Mondoñedo | Etiquetado | Comentarios desactivados en Eiquí xaz alguén …

A esencia da mazá literaria de Cunqueiro

Ao reunirnos cabo da tumba de Cunqueiro un ano máis, o primeiro que cómpre é que nos congratulemos por sermos quen de manter esta cita para honrar a memoria dun dos nosos desde hai xa 15 anos. Congratularnos e comprometernos … Sigue lendo

Publicado en Mondoñedo | Comentarios desactivados en A esencia da mazá literaria de Cunqueiro

Os Camiños

A catedral de Mondoñedo. Fotog. de Ester Otero En Cunqueiro e Galeano, por citar só dous dos meus santos literarios, está a biblia da miña devoción polos camiños. Di, ou insinúa, Cunqueiro que os camiños son seres vivos que nacen, … Sigue lendo

Publicado en Mondoñedo | Comentarios desactivados en Os Camiños

Os Muíños, esencia artesá

O barrio dos Muíños seduce desde o primeiro golpe de vista. É un microcosmos de Mondoñedo, o reduto ideal para recompoñer o ánimo, para pasear e gozar da súa estética cativadora. Mesmo a toponomia pon música: Ponte do Pasatempo ou … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Mondoñedo | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en Os Muíños, esencia artesá

José Mª Rodríguez González: O pintor desaparecido

A biografía do artista mindoniense José Mª Rodríguez González esfúmase entre brétemas de misterio e incerteza. José Mª Rodríguez González naceu en Mondoñedo o 7 de decembro de 1895. En 1919 comeza a traballar en Viveiro e logo, ao casar … Sigue lendo

Publicado en Artistas, Mondoñedo, Museos | Etiquetado | Comentarios desactivados en José Mª Rodríguez González: O pintor desaparecido

Mondoñedo, Cidade Creativa

O futuro está por construír e no territorio propio do soñar está permitido case todo, mesmo fantasiar con que Mondoñedo podería ser parte nun futuro a medio prazo da Rede de Cidades Creativas da UNESCO. En outubro de 2004 a … Sigue lendo

Publicado en Mondoñedo | Comentarios desactivados en Mondoñedo, Cidade Creativa

Cando Murguía cabreou aos mindonienses

Hai xa cen anos, a principios de 1915, houbo en Mondoñedo un enfado considerable co fundador e entón presidente da Real Academia Galega, Manuel Murguía. A orixe do conflito estaba nun artigo asinado polo prócer no Almanaque Gallego para 1915, … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Mondoñedo | Etiquetado , , , , , | Comentarios desactivados en Cando Murguía cabreou aos mindonienses