Arquivo da categoría: Apuntamentos

Hai 90 anos que morreu Víctor de Silva Posada

Tal día como o de hoxe, o 27 de decembro de 1925, morría en Mondoñedo, tras un proceso prolongado de padecementos, Víctor de Silva Posada. Contaba 67 anos. Nacera na mesma cidade, no seo dunha familia con grandes propiedades, o … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Mondoñedo | Etiquetado | Comentarios desactivados en Hai 90 anos que morreu Víctor de Silva Posada

‘Mondoñedo, lugar literario’, nova sección

Comeza unha nova sección no blog. Chámase “Mondoñedo, lugar literario” e nela irán aparecendo textos, ou extractos, onde Mondoñedo (lugares, persoas, edificios…etc) sexan os grandes protagonistas do texto literario. Comezamos cun texto poético da autoría de Fran Alonso, escrito en … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Mondoñedo | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en ‘Mondoñedo, lugar literario’, nova sección

Como falamos os brañegos de agora

“Cada vello que vai á cova leva consigo un anaco vivente do falar do pobo”, deixou dito Ramón Otero Pedrayo, animador principal do meritorio traballo recolector de Antonio Noriega Varela. Noriega tomou boa nota do consello e, convencido da urxente … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Mondoñedo | Etiquetado | Comentarios desactivados en Como falamos os brañegos de agora

Lexítimo pan de Mondoñedo

“Desde hoy se expende en la caseta número 29 de la Plaza de Abastos, LEGÍTIMO PAN DE MONDOÑEDO fabricado con harinas de trigo del país y elaborado con el mayor esmero. Precio: 40 céntimos kilo”. Así rezaba un anuncio nos … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Mondoñedo | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en Lexítimo pan de Mondoñedo

O ceramista mindoniense Moncho Freire doa dúas obras ao MPLugo

Este recorte do xornal "Jornada" chega desde Trelew, Chubut, República Arxentina, facéndose eco da feliz nova da doazón de dúas pezas cerámicas ao Museo Provincial de Lugo por parte do mindoniense-laurentino, Moncho Freire. Na foto, Aurelia Balseiro, directora do MPLugo, … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Mondoñedo | Etiquetado , , , , | Comentarios desactivados en O ceramista mindoniense Moncho Freire doa dúas obras ao MPLugo

A ruta do galo de Leiras Pulpeiro

A Xulio do Canelo e a Pepe de Bastián O pasado 22 de maio percorremos as xeografías valecas do poema “Un galo” de M. Leiras Pulpeiro. Convidáronnos a Isidro Novo e a min Xulio do Canelo e Pepe de Bastián, … Sigue lendo

Publicado en Álvaro Cunqueiro, Apuntamentos, Mondoñedo | Etiquetado , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , | Comentarios desactivados en A ruta do galo de Leiras Pulpeiro

Un museo para Mondoñedo

Os soños non teñen prezo; só prazos. Poñer unha ilusión a andar cara o futuro é gañarlle pasos ao tempo de espera e ila cargando de reflexións e experiencias. Trátase de ir dando corpo á vontade de facer do noso … Sigue lendo

Publicado en Álvaro Cunqueiro, Apuntamentos, Artistas, Mondoñedo, Museos | Etiquetado | Comentarios desactivados en Un museo para Mondoñedo

Un seminario de ouro

A anunciada concesión da Medalla de Ouro por parte do concello de Mondoñedo ao Real Seminario Santa Catalina pola achega docente e cultural á sociedade mindoniense, galega e universal, é o colofón xusto e merecido a case 450 anos de … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Mondoñedo | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en Un seminario de ouro

Os Remedios, unha abondosa literatura de milagres

Todo comezou cunha casa, dúas eguas, unha poldra e un cabaliño de cor castaña escura para facer os laricos. Foi a doazón do bispo Francisco de Santa María Benavides para o mantemento da modesta ermida dedicada á Virxe, edificada en … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Mondoñedo | Comentarios desactivados en Os Remedios, unha abondosa literatura de milagres

12 de setembro de 1954: Coroación da Virxe dos Remedios

Celébrase este día, coincidindo co domingo da festividade, a solemne ceremonia de Coroación da Virxe dos Remedios. Publícase tamén nesta data o primeiro número de “Pregón Mindoniense” dedicado integramente a ensalzar esta ceremonia con artigos asinados, entre outros, por A. … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Dietario, Prensa mindoniense | Comentarios desactivados en 12 de setembro de 1954: Coroación da Virxe dos Remedios

Patacas

Como cada ano, agás os primeirísimos de vida, ando estes días botando unha man na apaña das patacas. Un traballo que tira do peito e do lombo pero que, ben mirado, é pouco se o comparamos co número de días … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos | Comentarios desactivados en Patacas

O 31 de agosto de 1995 morre Victoriano López García

Morre en Madrid Victoriano López García. Enxeñeiro industrial, catedrático e gran afeccionado ao cine. Crea en 1947 o Instituto de Investigaciones y Experiencias Cinemetagróficas, sendo o seu primeiro director. E, entre outras moitas ocupacións e cargos relacionados co cine, foi … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Dietario, Mondoñedo | Comentarios desactivados en O 31 de agosto de 1995 morre Victoriano López García

Mulleres de Mondoñedo

Está por escribir a historia das mulleres mindonienses. Son as grandes esquecidas, un baleiro ditado desde o tradicional machismo ideolóxico, social e institucional que guiou o devir do noso pasado. Todos sabemos nomes dos homes sobranceiros mindonienses, eses que lembramos … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Artistas, Mondoñedo, Mulleres | Comentarios desactivados en Mulleres de Mondoñedo

Dietario de Mondoñedo: 21 de agosto de 1933

Morre en Bos Aires o 21 de agosto de 1933 Francisco García Olano. Foi síndico do Banco de Galicia presidente do Centro Galego de Bos Aires desde o 29 de setembro de 1923 ata o 14 de outubro de 1926. … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Dietario, Mondoñedo | Comentarios desactivados en Dietario de Mondoñedo: 21 de agosto de 1933

Etnografía mindoniense

Tócame a min, previa suxestión de Xoán Carlos Bouso*, artellador desta mesa redonda baixo o título “A pegada dos autores da comarca mindoniense na literatura galega”, introducir brevemente o tema da etnografía e dos etnógrafos mindonienses. Logo, se hai ocasión … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Mondoñedo | Comentarios desactivados en Etnografía mindoniense

O fillo do xastre e o Velagullas

[Homenaxe a Ricardo Pedreira (Mondoñedo, 1928 – Ovieu, 2013)] Debuxo de J. Puchades Descúlpeme, señor Pedreira, se non lle parecese oportuno contar isto que vou contar. Atrévome, se cadra, porque non teño a honra de coñecelo persoalmente ou porque son … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Mondoñedo | Comentarios desactivados en O fillo do xastre e o Velagullas

O Tangueiro

Mentres agardamos o 7 de agosto para que dea comezo a XXIV edición do Mercado Medieval de Mondoñedo entretéñome lendo “La invención del pasado. Verdad y ficción en la historia de España” da autoría do lugués Miguel-Anxo Murado onde se … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Mondoñedo | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en O Tangueiro

Pregón aos mercadores

Pregón Mercado Medieval Mondoñedo 2015 Por disposición da señora rexedora, e coa aquiescencia, como é de lei, da Súa Maxestade, da Meiriña e do Meiriño aquí presentes, fáisevos saber a todas e todos, naturais, achegados, comerciantes, camiñantes e forasteiros, que … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Mondoñedo, Pregón | Comentarios desactivados en Pregón aos mercadores

21 de xullo de 1813

Dáse lectura nas Cortes dunha “exposición del ayuntamiento constitucional de la ciudad de Mondoñedo, en que después de felicitar al congreso con las más espresivas demostraciones por la extinción del feudalismo, del voto de Santiago y del tribunal de la … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Mondoñedo, Os días de Mondoñedo | Comentarios desactivados en 21 de xullo de 1813

Pasaron cen anos: de escola a museo

En 1915 constrúese a escola de nenos do barrio dos Muíños de Mondoñedo, xunto á ponte, grazas a unha doazón feita polo arcediago José Mª Palacios e Natalia Palacios, irmáns do que fora bispo da diocese mindoniense, J. M. Palacios … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos | Comentarios desactivados en Pasaron cen anos: de escola a museo

Os Muíños, esencia artesá

O barrio dos Muíños seduce desde o primeiro golpe de vista. É un microcosmos de Mondoñedo, o reduto ideal para recompoñer o ánimo, para pasear e gozar da súa estética cativadora. Mesmo a toponomia pon música: Ponte do Pasatempo ou … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Mondoñedo | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en Os Muíños, esencia artesá

Balsaminas

Este é o título dun libriño de tan só 66 páxinas da autoría do sacerdote, capelán da SICB e escritor Manuel Rico Prieto. Foi impreso en Tip. de “C. de Acción Social Católica” de Mondoñedo en 1952/53. Contén 21 capítulos … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Libros | Comentarios desactivados en Balsaminas

Cando Murguía cabreou aos mindonienses

Hai xa cen anos, a principios de 1915, houbo en Mondoñedo un enfado considerable co fundador e entón presidente da Real Academia Galega, Manuel Murguía. A orixe do conflito estaba nun artigo asinado polo prócer no Almanaque Gallego para 1915, … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Mondoñedo | Etiquetado , , , , , | Comentarios desactivados en Cando Murguía cabreou aos mindonienses

Unha visión do Máis Alá desde O Fiouco

Se F. Filgueira Valverde tivese ocasión de revisar a súa tese doutoral titulada “La Cantiga CIII: noción del tiempo y gozo eterno en la narrativa medieval” veríase na obriga de engadir un novo caso. Un suceso marabilloso tan sorprendente en … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Autovía do Cantábrico (A8), Mondoñedo | Etiquetado , , , , | Comentarios desactivados en Unha visión do Máis Alá desde O Fiouco

Graciano Fraga Veiga: O pintor invisible

Graciano Fraga Veiga, morto prematuramente en 1943, foi un artista mindoniense ao que lle concedeu unha bolsa de formación artística a Deputación de Lugo en 1933. o Desde o pasado 12 de febreiro e ata o 12 de abril amósanse … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Artistas, Mondoñedo, Museos | Etiquetado , , , , , , , , , , , | Comentarios desactivados en Graciano Fraga Veiga: O pintor invisible

Airiños de Mondoñedo

Antonio Reigosa Ou a historia de como os versos de Rosalía de Castro viaxaron no fardel da memoria de Dolores Iglesias desde Mondoñedo ata Arxentina nas primeiras décadas do século XX. Seguímoslle o rastro a un anuncio que publicaba no … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Mondoñedo | Etiquetado , , , , , , , , | Comentarios desactivados en Airiños de Mondoñedo

Con Sinbad en Mondoñedo

Antonio Reigosa Este xoves, 26 de febreiro, soará solemne a fanfarra para recibirmos a Sinbad, o vello mariño que arribará coas súas historias no porto da fantasía mindoniense. Celebramos a quen o creou, ao tamén vello e sabio Álvaro Cunqueiro … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Mondoñedo | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en Con Sinbad en Mondoñedo

Adeus, Mondoñedo alegre

Antonio Reigosa Nestes días choqueiros, mentres gozamos da algarabía antroideira, tamén é bo momento para lembrar unha “acusación” que se recitaba por estas datas no Mondoñedo de mediados do século XIX. O documento descubriuno en 1994 no Archivo Histórico Nacional … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Mondoñedo | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en Adeus, Mondoñedo alegre

Os cristos do Fiouco

Os cristos do Fiouco (artigo publicado o 5 de agosto de 2014, en El Progreso, páx. 12) Antonio Reigosa Desque se abriu ao tráfico o tramo da A8 entre A Xesta e Arroxo xa medio mundo sabe que agora no … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Autovía do Cantábrico (A8), Mondoñedo | Etiquetado , , , , , , , , , , | Comentarios desactivados en Os cristos do Fiouco

Acto de presentación do Grupo Literario Leiras Pulpeiro (GLLP) en Lugo

CONVOCATORIA Acto de presentación do Grupo Literario Leiras Pulpeiro (GLLP) Lugar: Refectorio do Museo Provincial de Lugo Hora: 20:00 Data: Venres, 14 de marzo de 2014 Interveñen: Julia María Labrador Ben e Fran Bouso, coordinadores do GLLP Sabela Brand García, … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Mondoñedo | Etiquetado , , , , , , | Comentarios desactivados en Acto de presentación do Grupo Literario Leiras Pulpeiro (GLLP) en Lugo

A miña aula, no Pintor Colmeiro de Silleda

Aula antonio reigosa from As Ferreiras Silleda Onte, 22 de maio,fun feliz. Grazas.

Publicado en Apuntamentos | Comentarios desactivados en A miña aula, no Pintor Colmeiro de Silleda

A don Álvaro Cunqueiro, no 32ª cabodano do seu pasamento

Se de min algún día despois de morto, se quixera facer un eloxio, podería dicir a miña lápida: Eiquí xaz alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis. Probablemente nunca saberemos cal foi o motivo íntimo … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos, Mondoñedo | Etiquetado | Comentarios desactivados en A don Álvaro Cunqueiro, no 32ª cabodano do seu pasamento

Carta de Fran Bouso ao señor Cunqueiro

Admirado Sr. Cunqueiro: Desculpe o meu atrevemento ao molestalo con estas verbas nun día tan especial para Vostede. Antes de nada, permítame presentarme, pois nunca antes me tivera dirixido a VD.; cando marchou do Mondoñedo da terra eu tan só … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos | Comentarios desactivados en Carta de Fran Bouso ao señor Cunqueiro

Cunqueiro, outravolta, encheu Mondoñedo de entusiasmo

Onte, 17 de decembro de 2011, ninguén se lembrou en Mondoñedo (e ben que o celebro) do cabodano da degolación de Pardo de Cela, pois onte unha fermosa nube de xustiza campou pola memoria de Álvaro Cunqueiro e, como consecuencia, … Sigue lendo

Publicado en Apuntamentos | Comentarios desactivados en Cunqueiro, outravolta, encheu Mondoñedo de entusiasmo